
A fortuna chegou a Toyota Ourense cun cheque de desconto de 6.000 euros
Grazas á participación no Salón do Automóbil de Ourense o pasado 23 de outubro, entre todos os visitantes que compraron un coche en EXPOURENSE, foi premiado un pedido de Toyota mediante o sorteo organizado ante notario pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense .
Na entrega do cheque desconto participaron Victor Camba (director comercial), Perfecto Babarro (comercial), Cristina Álvarez (directora de Expourense) e Rosendo Fernández (vicepresidente da Deputación de Ourense, colaborador no evento).
Todo o equipo de Toyota Ourense agradece a participación e a confianza depositada na nosa marca e concesionario.
Comentarios